martes, 27 de mayo de 2014

I SEMANA DE CONSUMO DE FROITA NA ESCOLA

A APA e o Colexio organizan do 2 ao 6 de xuño a participación de todo o alumnado de educación infantil, primaria e secundaria na I SEMANA DE CONSUMO DE FROITA FRESCA NA ESCOLA. Esta é unha campaña financiada conxuntamente pola Unión Europea o Goberno de España e a Xunta de Galicia. O seu obxectivo é incentivar e aumentar o consumo de froitas, necesario dentro dunha alimentación saudable. As froitas que se repartirán nos diferentes recreos das etapas serán: nectarinas, albaricoques, fresa, mazás, plátanos e melón.
Os alumnos levan un tríptico informativo da campaña que podedes ler e do  que debemos devolver asinada a correspondente autorización.
Pedimos desde aquí a colaboración de algúns pais e nais para efectuar o reparto. Podedes apuntarvos mediante un correo a apatirso@gmail.com ou por medio do contacto deste blog. Graciñas pola vosa colaboración.


No hay comentarios:

Publicar un comentario