jueves, 14 de mayo de 2015

ENTREGA DE PREMIOS CONCURSO DE MARCAPÁXINAS LETRAS GALEGAS 2015

Aprezadas familias: Hoxe pola tarde entregaranse os premios aos gañadores nas distintas categorías do II Concurso de marcapáxinas Letras Galegas 2015 que convocou a AMPA do Tirso de Molina. O acto desenvolverase dentro das actividades que organiza o centro para homenaxear a figura de Xosé Filgueira Valverde, a través das lembranzas que con cancións, poemas e bailes farán os alumnos e alumnas do colexio. Felicitamos a todos os participantes pola calidade e esforzo dos seus traballos e agradecemos desde aquí a súa colaboración. Asemade durante estes días, repartiremos entre toda a comunidade o marcapáxinas elixido para conmemorar esta data. Parabéns para os gañadores das distintas etapas que son os seguintes: - EDUCACIÓN INFANTIL: DANIEL GARCÍA FACHAL - EDUCACIÓN PRIMARIA: MANUELA LÓPEZ BARREIRO - EDUCACIÓN SECUNDARIA: MARIAN FERRER SOTO - BACHARELATO: CARLOS LUGRÍS FREIRE
Tamén aproveitaremos a ocasión para entregarlle á alumna de 6º B de primaria ANTÍA RODRÍGUEZ BELLAS o premio COMO gañadora do "Concurso de deseño da mascota da Biblioteca", co seu , e xa noso , pelícano KOKO.

No hay comentarios:

Publicar un comentario