Prezadas familias:
Estamos xa chegando a estas datas entrañables e queremos desexarvos que vivades unhas festas de Paz, Amor e Felicidade.
Aproveitamos a ocasión para agradecer a colaboración dos pais e nais que nos axudaron durante este ano a levar a cabo todas as actividades que fixemos. Tamén a todos aqueles que colaboraron comprando a lotería de Nadal, aos que desexamos moita sorte.
Por último agradecemos a Supermercados Gadis a súa inestimable axuda para repartir caramelos aos nenos de educación infantil e primaria que recibirán a visita das Súas Maxestades de Oriente, o próximo venres.
Esperamos contar coa vosa presenza na Confraternización de Nadal desta tarde onde invitaremos a todo o que desexe a brindar polos mellores desexos para 2016.
No hay comentarios:
Publicar un comentario