domingo, 21 de febrero de 2016

PREMIO NA FIRST LEGO LEAGUE

PARABÉNS!!!!!!

Desde a AMPA do centro queremos felicitar ao equipo TM COMPLOT  do colexio que debutou con recoñecemento, esta fin de semana na fase galega do campionato da First Lego league. Defenderon con ilusión, creatividade e sobre todo con valores de equipo o seu robot, e así foron premiados como o mellor equipo que promocionou os valores da FLL:
Felicidades a todos os participantes, a todos os que axudaron e non están na foto e felicitacións tamén  á profesora Raquel por ilusionalos.


miércoles, 27 de enero de 2016

DÍA ESCOLAR DA PAZ

Estimadas familias:
Co gallo da celebración o próximo venres 29  do Día Internacional Escolar da Paz e  Non Violencia, a AMPA quérese sumar aos actos que se van celebrar no colexio. Para iso invitaremos a todos os alumnos de Ed. infantil, primaria e secundaria a gozar da actuación do violinista Antonio Seijo que visitará o pavillón do colexio a partir das 11 da mañá.
Desexamos que este espectáculo sexa de agrado de todo o alumnado e que as notas de PAZ cheguen a todas as familias .
Un saúdo. A directiva

miércoles, 16 de diciembre de 2015

FELICITACIÓN DE NADAL

Prezadas familias:

Estamos xa chegando a estas datas entrañables e queremos desexarvos que vivades unhas festas de Paz, Amor e Felicidade.
Aproveitamos a ocasión para agradecer a colaboración dos pais e nais que nos axudaron durante este ano a levar a cabo todas as actividades que fixemos. Tamén a todos aqueles que colaboraron comprando a lotería de Nadal, aos que desexamos moita sorte.
Por último agradecemos a Supermercados Gadis a súa inestimable axuda para repartir   caramelos aos nenos de educación infantil e primaria que recibirán a visita das Súas Maxestades de Oriente, o próximo venres.
Esperamos contar coa vosa presenza na Confraternización de Nadal desta tarde onde invitaremos a todo o que desexe a brindar polos mellores desexos para 2016.


lunes, 14 de diciembre de 2015

CONCURSO DE TARXETAS DE NADAL: GAÑADORES

Aprezadas familias:
A  continuación publicamos os gañadores do concurso de postais de Nadal 2015. Parabéns a todos os participantes. Informámosvos de que este mércores 16 de decembro entregaremos os premios na Confraternización de Nadal, despois da Eucaristía. O acto terá lugar no pavillón do colexio. Esperamos a vosa presenza.

jueves, 19 de noviembre de 2015

miércoles, 18 de noviembre de 2015

CONCURSO DE TARXETAS DE NADAL


JORNADA DE PUERTAS ABIERTAS EN ZUMBA

Estimadas mamás y papás:
El último jueves del mes de noviembre, día 26,  os invitamos  a participar y probar una clase de zumba gratuita y sin ningún compromiso por vuestra parte, solamente pasarlo bien. Si os animáis enviadnos un correo a apatirso@gmail.com