sábado, 30 de mayo de 2015

ROI ANEIROS: SUBCAMPIÓN NACIONAL DE ALOHA

FELICIDADES ROI: OUTRA VEZ ENTRE OS MELLORES! O alumno de 1º de ESO Roi Aneiros Díez, proclamouse hoxe sábado en Málaga, Subcampión nacional de Aloha no nivel 5.O Campionato celebrouse este ano en Benalmádena no Tivoli World e ali viaxou Roi acompañado da súa familia que o animou moito. Cada ano resulta máis difícil para Roi, pois vai ascendendo de nivel, pero o esforzo ten sempre recompensa. PARABENS ROI!

jueves, 14 de mayo de 2015

ENTREGA DE PREMIOS CONCURSO DE MARCAPÁXINAS LETRAS GALEGAS 2015

Aprezadas familias: Hoxe pola tarde entregaranse os premios aos gañadores nas distintas categorías do II Concurso de marcapáxinas Letras Galegas 2015 que convocou a AMPA do Tirso de Molina. O acto desenvolverase dentro das actividades que organiza o centro para homenaxear a figura de Xosé Filgueira Valverde, a través das lembranzas que con cancións, poemas e bailes farán os alumnos e alumnas do colexio. Felicitamos a todos os participantes pola calidade e esforzo dos seus traballos e agradecemos desde aquí a súa colaboración. Asemade durante estes días, repartiremos entre toda a comunidade o marcapáxinas elixido para conmemorar esta data. Parabéns para os gañadores das distintas etapas que son os seguintes: - EDUCACIÓN INFANTIL: DANIEL GARCÍA FACHAL - EDUCACIÓN PRIMARIA: MANUELA LÓPEZ BARREIRO - EDUCACIÓN SECUNDARIA: MARIAN FERRER SOTO - BACHARELATO: CARLOS LUGRÍS FREIRE
Tamén aproveitaremos a ocasión para entregarlle á alumna de 6º B de primaria ANTÍA RODRÍGUEZ BELLAS o premio COMO gañadora do "Concurso de deseño da mascota da Biblioteca", co seu , e xa noso , pelícano KOKO.

jueves, 9 de abril de 2015

CELEBRACIÓN DO DÍA DOS AVÓS

Aprezadas familias: O próximo martes día 14 de abril celebraremos en colaboración co noso cole a Xornada dos avós, para agradecerlles o seu esforzo, labor, o seu agarimo e a súa entrega inestimable para todas as nosas familias. Para iso invitamos a todos os avós e avoas do colexio a participar nun espectáculo de maxia, protagonizado polo mago Pedro Bugarín. O acto comezará ás 4 da tarde, no pavillón do colexio e durará aproximadamente unha hora. Animamolos a todos e todas a asistir, pois eles, os nosos avós, tamén lle botan ilusión e poñen moita maxia na vida dos seus netos. GRACIÑAS AVÓS. Aproveitando a presenza do mago no centro, os alumnos de secundaria asistirán tamén , pola maña, a unha sesión de maxia. Esperamos que todos disfrutedes!

jueves, 22 de enero de 2015

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ- 30 DE XANEIRO

Estimadas familias: con motivo da celebración do Día Internacional Escolar da Paz, desde a AMPA queremos facernos eco das palabras de Malala Yousafzai nena paquistaní Premio Nobel da Paz 2014 .
“Un niño, un profesor, un libro y una pluma pueden cambiar al mundo. La educación es la única solución”. Discurso ante la Asamblea General de la ONU E por iso todos os alumnos e alumnas do colexio serán agasallados cun lapis conmemorativo deste día, para que escriban con el renglóns de Paz.Estaremos tamén presentes na celebración do colexio o próximo xoves 29 e soltaremos de novo as pombas da PAZ para que cheguen a todos os recunchos. PAZ E BEN!

jueves, 4 de diciembre de 2014

GANADORES DEL CONCURSO DE POSTALES NAVIDEÑAS.

Queridas familias: Publicamos la relación de alumnos que han sido premiados en cada nivel por el diseño de sus tarjetas; pero felicitamos antes a todos los participantes por habernos puesto el trabajo de escoger las mejores tan difícil. Gracias a los niños y niñas por participar porque eso es lo más importante. Los ganadores de cada curso, así como el ganador absoluto MANUEL SANTIAGO PEREIRA SUEIRO DE 1º ESO recibirán un pequeño detalle que les entregaremos el miércoles 17 día en el que celebraremos LA CONFRATERNIZACIÓN DE NAVIDAD, a partir de las 19:30 con la misa y el posterior pincho navideño, que degustaremos en el pabellón y al que estáis todos invitados. Feliz Navidad.

domingo, 9 de noviembre de 2014

jueves, 6 de noviembre de 2014