jueves, 9 de abril de 2015

CELEBRACIÓN DO DÍA DOS AVÓS

Aprezadas familias: O próximo martes día 14 de abril celebraremos en colaboración co noso cole a Xornada dos avós, para agradecerlles o seu esforzo, labor, o seu agarimo e a súa entrega inestimable para todas as nosas familias. Para iso invitamos a todos os avós e avoas do colexio a participar nun espectáculo de maxia, protagonizado polo mago Pedro Bugarín. O acto comezará ás 4 da tarde, no pavillón do colexio e durará aproximadamente unha hora. Animamolos a todos e todas a asistir, pois eles, os nosos avós, tamén lle botan ilusión e poñen moita maxia na vida dos seus netos. GRACIÑAS AVÓS. Aproveitando a presenza do mago no centro, os alumnos de secundaria asistirán tamén , pola maña, a unha sesión de maxia. Esperamos que todos disfrutedes!