miércoles, 16 de diciembre de 2015

FELICITACIÓN DE NADAL

Prezadas familias:

Estamos xa chegando a estas datas entrañables e queremos desexarvos que vivades unhas festas de Paz, Amor e Felicidade.
Aproveitamos a ocasión para agradecer a colaboración dos pais e nais que nos axudaron durante este ano a levar a cabo todas as actividades que fixemos. Tamén a todos aqueles que colaboraron comprando a lotería de Nadal, aos que desexamos moita sorte.
Por último agradecemos a Supermercados Gadis a súa inestimable axuda para repartir   caramelos aos nenos de educación infantil e primaria que recibirán a visita das Súas Maxestades de Oriente, o próximo venres.
Esperamos contar coa vosa presenza na Confraternización de Nadal desta tarde onde invitaremos a todo o que desexe a brindar polos mellores desexos para 2016.


lunes, 14 de diciembre de 2015

CONCURSO DE TARXETAS DE NADAL: GAÑADORES

Aprezadas familias:
A  continuación publicamos os gañadores do concurso de postais de Nadal 2015. Parabéns a todos os participantes. Informámosvos de que este mércores 16 de decembro entregaremos os premios na Confraternización de Nadal, despois da Eucaristía. O acto terá lugar no pavillón do colexio. Esperamos a vosa presenza.