lunes, 13 de enero de 2014

QUERIDAS FAMILIAS: Feliz 2014 a todos. Retomamos as nosas actividades despois do parón de Nadal con moita ilusión. Durante esta semana prepararemos a  participación da APA nos diferentes eventos escolares do trimestre: A celebración do Día da  Paz o próximo 30 de xaneiro;un mes máis tarde o Entroido, entre outros. Tamén organizaremos durante este trimestre as subvención as distintas saídas educativas dos alumnos e alumnas asociadas . Por outra parte estamos traballando na redacción dunha carta dirixida A Concellaría de Seguridade e á Policia Local para trasladarlles a nosa preocupación polos multamóbiles que se van a instalar...e que farían o  seu agosto ás horas de entrada e saída dos nosos nenos. Para todo isto e moito máis esperamos as vosas ideas e colaboracións. Facédeo a través do correo ou empregando a pestana de comentarios. Xa sabedes que un blog se alimenta de comentarios.
Gracias.

1 comentario:

  1. Me parece buena idea lo del escrito a la Policia Local que tengan un poco de consideración y que nos dejen unos minutitos sobre todo para dejar y recoger a los pequeños.

    ResponderEliminar