miércoles, 14 de mayo de 2014

CONCURSO MARCAPÁXINAS LETRAS GALEGAS

Maña xoves día 14 coñeceranse os gañadores do  Concurso de marcapáxinas Letras Galegas 2014, organizado pola APA. Nun acto que celebraremos pola tarde no pavillón, anunciaranse os gañadores das distintas etapas. Aproveitaremos a ocasión para homenaxear ao escritor Xosé Mª Díaz Castro, coa colaboración do alumnado de educación infantil e primaria e algúns alumnos e alumnas de educación secundaria e bacharelato; todos prepararon cos seus profesores esta homenaxe.
No transcurso do acto conmemorativo entregaremos os premios e finalmente contaremos coa actuación dunha representación do Real Coro Toxos e Froles( ao que agradecemos a súa participación) que pechará o acto co Himno galego .

No hay comentarios:

Publicar un comentario