martes, 23 de marzo de 2021

Hoxe 23 de marzo, darán comezo os “Encontros Virtuais na Zona USC” dirixidos ao estudantado de Ensino Medio. Os/as estudantes poden entrar a través da URL: https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais A través desa páxina poden informarse, a través de videoconferencias cos responsables e alumnado das titulacións da USC, da oferta de graos para o curso 2021-22. As 12 terá lugar o Acto de Inauguración coa conferencia do catedrático de Medicina Legal de la USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica(SERGAS) e do Centro Nacional de Genotipado, Angel Carracedo que falará dos seus Proxectos e ilusións Poden seguir a conferencia dende as aulas dos centros educativos
ou dende os ordenadores ou móbiles particulares a través do enlace á canle de youtube da USC que ten dispoñible na páxina de entrada dos encontros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario